|
|
Grupos Lestonnac Colexio Compañía de María - A Coruña |
|
|
||||
|
Que son os Grupos Lestonnac? A Compañía de María establece os Grupos Lestonnac como canle para que @s alumn@s poidan ter espazos especiais para medrar como persoas. |
Que pretendemos? Cos Grupos Lestonnac preténdese acompañar @s alumn@s dende 5º E.P ata 4º da E.S.O no seu proceso de maduración persoal ao longo dos anos que permanezan no noso colexio. Motivalos para que adquiran un compromiso coa nosa sociedade, para que coñezan novos amigos. Axudalos a descubrir as súas posibilidades e as dos demáis compartindo tempo, ilusión e ledicia. |
Como o facemos? A través de reunións quincenais, coa nosa participación en diversas campañas de solidariedade, facendo convivencias con outros grupos do colexio e outros colexios da Compañía de María, Santiago, Vigo, Cangas, Ferrol e Caranza, afianzando todo o aprendido nos campamentos de verán. |
||
|
|
||||