|
E.S.O.
Programa de Prevención de Drogodependencias
"Entre Todos"
O curso
pasado os tres grupos de 1º de ESO empezaron
a participar neste programa ao que se
sumaron no presente ano os outros tres
niveis (2º, 3º e 4º).
Trátase
dun programa de prevención de drogas onde
toda a familia actúa como axente preventivo
e participa xunto aos profesores e
profesionais de Proxecto Home nos dous
ciclos da ESO, cuxos materiais foron
deseñados e elaborados polos técnicos da
Comisión de Prevenció de Proxecto Home e
unha Mesa de Expertos. Un total de 28.320
alumnos de 1º Ciclo, en nove Comunidades
Autónomas de España, teñen participado xa
nesta aplicación desde o seu inicio no 2001.
Este curso iníciase o programa en 3º de ESO.
No noso centro tamén se está levando a cabo
en 4º, aínda que de xeito intensivo.
As actividades lévanse nas aulas de titoría ordinaria e cos pais e nais en sesións de tarde no colexio.
|