|
A existencia e conformación dos nosos colexios, só se pode entender a partir da identidade, opcións e compromiso da Compañía de María coa educación. É preciso, por iso, explicar o ideario que inspira e singulariza, respectando o marco normativo, a nosa oferta educativa e que se concreta no proxecto de Centro.
O proxecto de educación Compañía de María conta cunha longa tradición de catro séculos. Ten como protagonista unha muller: Xoana de Lestonnac nacida en Burdeos en 1556.
Aos seus 47 anos, xa viúva, sente con forza a chamada a “tender a man” á xente que sofre no seu tempo e funda en 1607 a Compañía de María, Orde relixiosa dedicada á educación das mulleres. Unha iniciativa que, naquel tempo, comporta unha forte innovación. Na actualidade realiza a súa misión en todas as partes do mundo.
O proxecto de educación Compañía de María, está cimentado nunha visión cristiá da vida, ten na persoa de Xesús o seu principio inspirador. A súa coherencia interna está animada por uns dinamismos que dan a este proxecto o seu propio rostro e a súa orixinalidade:
- Aberto á novidade: acoller a novidade do Espírito que actúa na vida e en cada persoa, detectar a súa chamada, sabela ler, facela medrar, avanzar con ela, comporta un camiño educativo sempre aberto cara adiante.
- Personalizador: No centro ten unha persoa única e irrepetible, orixinal na súa singularidade, con identidade e nome propios, filla de Deus e chamada a vivir como irmá entre todos os seres humanos.
- Integrador: Un xeito de entender a vida por riba do normativo, nos niveis no que se xoga a decisión persoal libre. Impulsa a formación de criterios para poder ser crítico coa realidade.
- En comunidade e aberta á sociedade: Un proxecto que se leva adiante nunha comunidade educativa que educa coa súa coherencia persoal, relacional e institucional. Que entende a educación como ben para todos e de todos sen exclusión, ben de calidade, ben aberto ás esixencias do futuro e a realidade.
- María de Nazaré: Nai de Xesús, muller unificada, novidade radical, Muller Nova, dá nome propio e identidade a este proxecto de educación Compañía de María.
voltar arriba
IDEARIO PEDAGÓXICO DA COMPAÑÍA DE MARÍA
Relación que acompaña, integra e fai medrar
- Acolle a diversidade e responde a cada persoa na súa orixinalidade.
- Favorece a comunicación e o diálogo.
- Potencia a autoestima, o crecemento do positivo e a integración no grupo.
- Posibilita a cada un/unha dar sentido á súa vida a través do encontro consigo mesmo, cos outros e co Deus de Xesucristo.
- Fai do educador testemuña comprometida e compañeiro do crecemento persoal do alumno.
- Crea marcos de referencia desde os que orientar o comportamento en responsabilidade e respecto.
- Axuda a crear conviccións desde as que a persoa actúe respectando
os demais.
Educar na vida e para a vida
- Coñecendo o contexto e analizándoo para dar resposta.
- A través dunha metodoloxía acción-reflexión-mellora na que teoría e práctica se harmonizan.
- De xeito que se goce
aprendendo.
- Para que cada alumno/a desenvolva as súas capacidades e se sitúe activamente na vida.
- No compromiso solidario para a transformación das estruturas inxustas.
Educar en comunidade desde un proxecto común
A través de:
- Unha escola "comunicativa que dá canle ás iniciativas e inquedanzas de todos os seus membros onde todos se senten implicados desde a complementariedade, a corrresponsabilidade e o traballo en equipo.
- A coherencia entre os principios e valores do Proxecto e a vida da comunidade.
- Unha organización flexible que se adapte decote á novidade da vida en crecemento.
- A formación permanente de todos
os seus membros na pedagoxía que sustenta
o proxecto.
- A avaliación continua e conxunta de todo o proceso educativo.
Formación de cabezas ben feitas,
mellor que ben cheas
Permite ao alumno:
- Ser suxeito da súa propia educación.
- Ser quen de percorrer os camiños do saber de forma autónoma.
- Aprender a aprender en cada novo contexto.
- Facer da resolución de conflitos motivo de novas aprendizaxes e do comportamento, o reflexo do desenvolvemento persoal e cultural.
- Construír unha visión global dos feitos e facelos seus con sentido crítico.
voltar
arriba
http://www.lestonnac.org
OBXECTIVO XERAL DO CURSO
O Colexio establece ao inicio do ano escolar un obxectivo xeral de curso, que dará a pauta e será o fío condutor para todas as actividades, celebracións e proxectos a realizar ao longo do curso.
O obxectivo xeral do curso é a potenciación entre toda a comunidade educativa (profesores, alumnos e persoal non docente) da concepción da persoa como fin da educación.
O Centro emisor e receptor de todo o dinamismo educativo do proxecto de educación Compañía de María é a persoa. Unha persoa que é única e irrepetible, orixinal na súa singularidade, con identidade e nome propios, filla de Deus e chamada a vivir como irmá entre os homes. Criatura cun destino de plenitude que, lonxe de cortarlle posibilidades, ábrea cara a horizontes insospeitados.
Entrar en relación con ela, querela, coñecela, acompañala, ser testemuña do seu proceso de crecemento, devolverlle a súa verdade, establecer unha interacción positiva, son algúns dos irrenunciables da nosa educación personalizada e personalizadora.
A persoa, cada persoa, en cada tempo e lugar, é espazo de novidade que recrea, decote, o noso servizo educativo. Isto require apertura e contextualización, espírito universal e adaptación, conciencia do presente e do inacabado, inculturación e interculturidade. Lévanos a crear un proxecto aberto e atento á chamada do outro, que dá resposta educativa desde a dialéctica de escoitar e responder de maneira continua.
Entrar en contacto coa realidade, experimentar as súas posibilidades e límites, analizar as situacións, impulsar a creatividade, son riqueza e risco ao mesmo tempo. O educador da Compañía de María ten que sentirse chamado a saír de sí e doarse nesta tarefa.
Para acadar este obxectivo principal é necesario tamén por tanto potenciar a intelixencia emocional: ante a importancia que ten esta no desenvolvemento da persoa, propoñémonos profundizar neste tema ao longo do curso, partindo dunha formulación xeral para todo o claustro a principio de curso, e realizando logo reunións por niveis.
Finalmente, tras a experiencia positiva nos cursos pasados, seguiremos impulsando as escolas de pais cun grupo de Infantil e Primaria e outro de Secundaria. Contamos coa colaboración da Xunta Directiva da ANPA, e en Secundaria en coordinación con Programa de Prevención de Drogodependencias que se está desenvolvendo en colaboración con Proxecto Home e que xa se implantou na ESO.
voltar arriba
|