No ano 2000, un grupo de alumnos de Literatura Universal de 1º de Bacharelato, dirixidos por Ququi Naveira, formaron o grupo de teatro Raiola-Cía. Coa estrea o día do libro do ano 2001 de "As Malmaridadas" iniciouse un proxecto que se consolidou ao ano seguinte con "Dous perdidos..." e "Os cravos de prata".

 Tralos éxitos conseguidos coas montaxes destas obras no Colexio, Raiola decidiu presentar as súas obras ao Certame de Teatro "Candilejas" do colexio Calvo Sotelo. En 2003 obtivemos o terceiro premio por "O arce do xardín" e en 2004 repetimos coa terceira posición por "Historias Peregrinas", ademais do premio ao mellor actor: Antonio López Rico.

  Como peche da tempada 2004 montouse unha vez máis "Historias peregrinas" a beneficio da Fundación Meniños no Colexio Salesianos.